clortalidona

clortalidona
Nome científico: [2-cloro-5(1-hidroxi-3-oxo-1-isoindolinil)bencensulfonamida:C<sub> 14</sub> H<sub> 11</sub> ClN<sub> 2</sub> O<sub> 4</sub> S]
s f [QUÍM]

Substancia estruturalmente semellante ás tiazidas e con propiedades diuréticas similares. Preséntase en forma de pos cristalinos de cor branca que funden con descomposición aproximadamente a 220°C. Inhibe a reabsorción dos electrólitos polos tubos renais, de xeito que aumenta a eliminación de cloro, sodio e auga. Emprégase como diurético e no tratamento da hipertensión.