cloruro

cloruro

(< clor- + -uro)

    1. s m [QUÍM]

      Combinación do cloro cun corpo composto ou simple distinto do osíxeno e do hidróxeno. Os cloruros obtéñense por acción do cloro ou do ácido clorhídrico sobre o metal ou o seu óxido. O cloruro de sodio -coñecido como sal común- úsase na alimentación, e o de potasio emprégase como fertilizante; os dous atópanse en estado natural. O cloruro de zinc é un desinfectante, o mercurioso un purgativo e o mercúrico un antiséptico. Os cloruros de metais preciosos utilízanse en fotografía.

    2. cloruro de acilo/cloruro de ácido [R-CO-Cl] [QUÍM]

      Composto orgánico que se obtén pola acción dos derivados clorados do fósforo ou pola do cloruro de tionilo sobre un ácido orgánico.

    3. cloruro de etilo [cloroetano: CH 3 CH 2 Cl] [QUÍM]

      Haluro de alquilo, gas obtido por acción do cloro sobre o etilo en presenza de HCl e luz. Emprégase como refrixerante, como solvente e como anestésico.

    4. cloruro de metilo [clorometano: CH 3 Cl] [QUÍM]

      Gas facilmente licuable que se obtén pola acción do cloruro de hidróxeno sobre o metanol. Emprégase como propulsante para aerosois de alta presión, como pesticida, como anestésico e como refrixerante na polimerización do caucho.

    5. cloruro de vinilo [cloroetileno: CH 2 =CHCl] [QUÍM]

      Haluro de alquenilo, gas de olor etéreo a temperatura ambiente que se obtén por haloxenación do etileno. Emprégase na industria dos plásticos para a obtención do policloruro de vinilo.

  1. s m [QUÍM]

    Anión Cl - que se pode considerar que deriva formalmente do ácido clorhídrico por perda do hidróxeno.