cneoráceo -a
cneoráceo -a
(< lat científico Cneorum, xénero de plantas)
-
adx
Relativo ou pertencente ás cneoráceas.
-
s
f
[PLANTA]
Arbusto da familia das cneoráceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de arbustos perennifolios da orde das sapindais integrada por só tres representantes de follas alternas e coriáceas, flores solitarias e axilares ou en cimas corimbiformes, e froito en cápsula tricoca. Un dos representantes é Cneorum tricoccon, propio da rexión occidental mediterránea, e outro é Neochamaela pulverulenta, presente na Macaronesia.