cneoráceo -a

cneoráceo -a

(< lat científico Cneorum, xénero de plantas)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás cneoráceas.

  2. s f [PLANTA]

    Arbusto da familia das cneoráceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de arbustos perennifolios da orde das sapindais integrada por só tres representantes de follas alternas e coriáceas, flores solitarias e axilares ou en cimas corimbiformes, e froito en cápsula tricoca. Un dos representantes é Cneorum tricoccon, propio da rexión occidental mediterránea, e outro é Neochamaela pulverulenta, presente na Macaronesia.

Palabras veciñas

CNAC | cnefoplancto | cnemide | cneoráceo -a | CNES | cnidario -ria | cnido-