coanoflaxelado -da

coanoflaxelado -da

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos coanoflaxelados.

    Sinónimos: craspedomonadal.
  2. s m [PROTISTA]

    Protozoo da orde dos coanoflaxelados.

    Sinónimos: craspedomonadal.
  3. s m pl [PROTISTA]

    Orde de organismos unicelulares flaxelados que viven fixados por un pedúnculo ou reunidos en colonias. Caracterízanse pola presenza dun colar citoplasmático que envolve a base do seu flaxelo único. As especies máis primitivas, do xénero Stylochromonas, teñen dous plastos de cor apardazada, aínda que a maioría das restantes especies os perderon e son fagotróficas (capturan sobre todo bacterias).

    Sinónimos: craspedomonadal.

Palabras veciñas

Coaño | coano- | coanocito | coanoflaxelado -da | coantriño | coaptación | coaptar