coantriño

coantriño
Nome científico: [Adiantumcapillus-veneris, Fam das adiantáceas]
s m [PLANTA]

Fento de rizomas serpeantes e frondes de ata 40 cm, bipinnatisectas, cos segmentos flabeliformes ou cuneiformes, cos soros protexidos nuns lóbulos na punta das frondes e cos pecíolos negros e lustrosos. É moi común en rochas e muros húmidos, e empregouse en xaropes e tisanas para aproveitar as súas propiedades expectorantes.

Palabras veciñas

coano- | coanocito | coanoflaxelado -da | coantriño | coaptación | coaptar | coar