Coaña
Coaña
Municipio do Principado de Asturias, situado no val do río Navia (3.846 h [1996]). A economía baséase principalmente na agricultura, na gandería (vacúa) e na pesca. Dentro do termo está o castro de Coaña, ocupado no s I e despoboado ao longo do s II. Caracterízase polas súas casas de forma redonda ou ovada, cubertas por un tellado cónico de palla. Agrupábanse formando pequenos barrios e todas abrían as súas portas cara ao mesmo lugar. Consérvase a acrópole, na parte superior do castro, e restos das termas e das murallas. No concello está tamén o castro de Mohias.