Cobden, Richard
Cobden, Richard
Empresario e político británico. Participou na campaña do librecambismo británico e mundial e, á cabeza da escola de Manchester, fundou e dirixiu a Anti-corn Law League (1838), coa colaboración de John Bright. Membro da Cámara dos Comúns no 1841, desenvolveu un destacado labor á marxe das grandes formacións políticas, co obxectivo de abolir as leis proteccionistas (1846-1851). Volveu ao Parlamento en 1859 e negociou o tratado de comercio con Francia (1860). Os seus artigos e folletos compiláronse na obra The Political Writings of R. Cobden (Os escritos políticos de R. Cobden, 1867).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Dunford Farm, Sussex -
Deceso
Lugar : Londres