COBOL

COBOL
[INFORM]

Linguaxe Común para os Negocios empregada para procesar datos empresariais, e que desenvolveron a principios da década dos sesenta do s XX varios fabricantes de ordenadores e o departamento de Defensa dos EE UU. As instrucións COBOL parécense a frases en inglés e a estrutura do programa require que se inclúa algo de documentación. Os programas son longos e conteñen moitas palabras, pero son fáciles de ler, escribir e comprobar; por isto xeneralizouse o seu uso, de maneira que programadores distintos aos autores podían realizar con certa facilidade correccións ou cambios.