Coca
Coca
Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, situado na confluencia dos ríos Eresma e Voltoya (2.027 h [1996]). A agricultura é a base da súa economía, principalmente o cultivo de cereais e hortalizas. Do seu patrimonio arquitectónico destaca o castelo, construído no s XV polo arcebispo Alonso de Fonseca, e a igrexa de Santa María (s XVI), de estrutura gótica e renacentista.