Codosedo, Santa María de
Codosedo, Santa María de
Igrexa parroquial situada en Sarreaus. Foi sede da orde militar de Santiago, baixo a encomenda de Santa María de Barra. De orixe románica, a cabeceira reconstruíuse, segundo unha inscrición da ábsida, en 1707. O seu aspecto exterior é defensivo, con poucos vans e cunha torre campanario pegada á portada principal. Conserva un cáliz gótico e imaxes barrocas.