Cognac

Cognac
Nome científico: [ant: Compiniacum]

Cidade do departamento de Charente, na rexión de Poitou-Charentes, Francia, situada á beira do río Charente (19.528 h [1990]). É o centro da rexión viñateira que lle deu nome ao brandi ou coñac. É unha depresión que se divide en diferentes comarcas, segundo a clase de coñac: Le Grand-Champagne, Le Petit-Champagne, Fins-Bois, Bons-Bois e Bois-Ordinaires. Despois de ser disputada durante as guerras de relixión, entregóuselles aos protestantes a raíz do Tratado de Saint-Germain (1570). Resultou moi afectada pola revogación do Edito de Nantes (1685). Do seu patrimonio arquitectónico destacan a igrexa románico-gótica de Saint-Léger e a porta de Saint-Jacques.