Cognac, liga de
Cognac, liga de
Alianza asinada na cidade de Cognac o 22 de maio de 1526 por Francisco I, o Papa Clemente VII, Francisco Sforza e representantes de Florencia e Venecia; máis tarde tamén a firmou Enrique VIII. O obxectivo da liga era loitar contra a preponderancia de Carlos I en Italia e conseguir a abolición do Tratado de Madrid, asinado por Francisco I cando era prisioneiro do emperador.