Cohen, Leonard
Escritor e cantautor canadense. En 1956 publicou Let us compare Mythologies (Déixanos comparar mitoloxías), o seu primeiro libro de versos, e cara a finais da década dos cincuenta escribiu a parte máis importante da súa produción literaria. Destacan as novelas Beautiful Losers (Fracasados marabillosos, 1966) e The Favourite Game (O xogo favorito, 1963); os poemarios Flowers for Hitler (Flores para Hitler, 1964), Parasites of Heaven (Parasitos do ceo, 1966) e The Energy of Slaves (A enerxía dos escravos, 1972); e diversos artigos e cancións. Debutou como cantante no festival folk de Newport en 1967 e converteuse nunha gran figura da canción popular. Na súa discografía destacan Songs of Leonard Cohen (Cancións de Leonard Cohen, 1968), Songs from a Room (Cancións dende a habitación, 1969), Various Positions (Posicións variadas, 1984), The Future (O futuro, 1993), Leonard Cohen in Concert (Leonard Cohen en concerto, 1994) e More Best of Leonard Cohen (O mellor de Leonard Cohen, 1997).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Montreal