cohesión
(< lat cohaesu, supino decohaerēre ‘estar unido’)
-
s
f
Acción e efecto de adherirse ou unirse as cousas entre elas, física ou espiritualmente.
Ex: A cohesión deste muro presenta serios problemas. A cohesión interna do equipo é algo fundamental.
Confrontacións: coherencia. -
s
f
[FÍS/QUÍM]
Forza que mantén unidas as moléculas dun sólido ou dun fluído como consecuencia da atracción molecular.
-
s
f
[XEOL]
Propiedade das partículas dun solo que as mantén ligadas entre elas. Pode ser debida á cimentación entre elas ou ás forzas capilares da auga que as recobre.
-
s
f
[BOT]
Unión entre as partes do mesmo verticilo.
-
s
f
[LING]
Concepto que na lingüística do texto fai referencia á relación sintáctica que presentan os elementos dun discurso. Entre os mecanismos que se empregan para cohesionar un texto están a referencia (pronomes, deícticos, indefinidos), a repetición sinonímica, a sinonimia referencial, as elipses sintácticas (nominais ou verbais), etc. O seu cumprimento favorece a coherencia textual.
-
cohesión social
[SOCIOL]
inculación existente entre os membros dunha colectividade, entre eles mesmos e como grupo. Como sinónimo do concepto máis amplo de integración, a cohesión é resultado de todas as forzas sociais (normas e valores, ideoloxías e formas de vida, coerción social e ameazas de marxinación) que actúan sobre os individuos na colectividade para posibilitar a existencia, a estabilidade e a continuidade do grupo como tal.