Cohn-Bendit, Daniel
Político francés. En 1959 instalouse coa súa familia en Alemaña, de onde procedía a súa familia; en 1965 regresou a Francia e comezou os estudios de socioloxía na Université de Nanterre. En 1968, xunto con Jacques Sauvageot e Alain Geismar, fundou o Mouvement du 22 mars, que xogou un papel moi activo nos sucesos revolucionarios de maio de 1968. Por mor destas actividades, as autoridades expulsárono a Alemaña o 25 maio dese ano; e non se lle permitiu a entrada no país galo ata 1978. Instalado de novo en Alemaña, colaborou activamente na articulación dos Verdes. En 1989 foi designado adxunto do alcalde de Frankfurt para as relacións multiculturais (o 25% da poboación da cidade non é alemá de orixe) e en 1994 foi elixido deputado ecoloxista no Parlamento europeo, onde desenvolveu os cargos de presidente do comité para as relacións con Turquía da UE e de coordinador do comité para os Asuntos Estranxeiros, Dereitos Humanos, Seguridade Común e Política de Defensa. Entre outros, é autor dos libros: Gauchisme, remède à la maladie sénile du communisme (O esquerdismo, remedio á enfermidade senil do comunismo, 1968), co seu irmán Gabriel; Le grand bazar (O gran bazar, 1975); Nous l’avons tant aimée, la révolution (A revolución e nós, que tanto a quixemos, 1986); Heimat Babylon: das Wagnis der multikulturellen Demokratie (Cidadáns de Babel: apostando por unha democracia multicultural, 1992), con Thomas Schmid e Por la tercera izquierda (2000), con José María Mendiluce.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Montauban, Tarn -
Deceso
Lugar : Garonne