Coín

Coín

Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado na marxe dereita do río Guadalhorce (17.572 h [1996]). Centro comercial e agrícola, destacan os cultivos de froiteiras, patacas, millo e hortalizas. Tamén cómpre salientar os xacementos de calcarias e mármore. Entre os seus monumentos sobresaen a igrexa de San Juan Bautista e a Casa do Concello, de estilo barroco.