Coiro

Coiro
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que tamén se recolle coa forma Coyro. As súas armas levan, en campo de azul, unha torre de pedra, cun home armado asomado á ventá, e, entre esta e a porta, un escudiño de ouro, con catro faixas axadrezadas de ouro e sable, e brochante, unha flor de lis de ouro; bordo do mesmo metal.