Coiro, Santa María de

Coiro, Santa María de

Igrexa parroquial situada en Mazaricos. Trátase dun templo barroco de tres naves. No exterior, a ábsida refórzase con contrafortes. Na fachada destaca a situación da torre das campás, pegada ao muro sur; consta de dous corpos, o primeiro ten catro arcos de medio punto, mentres que o segundo presenta unha alternancia de ocos e de macizos, e remata nun pináculo con bóla. Sobre a porta principal ábrese unha fornela que acolle a imaxe da titular da mesma.