Cojedes

Cojedes

Estado de Venezuela, na rexión de Los Llanos, drenado polo río Portuguesa (14.800 km2; 226.684 h [1995]). A capital é San Carlos (50.339 h [1990]). O extremo N está ocupado polas aliñacións montañosas da cordilleira de Mérida, no extremo oriental da Cordilleira Central; o resto do estado forma unha gran chaira. A principal actividade económica é a cría de gando vacún, pero tamén son importantes a agricultura e as actividades mineiras.

Palabras veciñas

coitus interruptus* | coizarelo -la | coizo -za | Cojedes | Cojutepeque | Coke, Thomas | col