col

col

(< lat caule)

  1. [PLANTA]
    1. col de Bruxelas [Brassica oleracea var gemmifera, Fam das brasicáceas]

      ariedade cultivada de col que se caracteriza por ter o talo dereito e presentar moitos gromos axilares, que se aproveitan para o consumo. Tómase en cremas e sopas, refogada ou como ingrediente de determinadas receitas culinarias.

    2. s f

      Planta herbácea de ata 3 m de altura (aínda que normalmente non se deixa medrar tanto), de talo groso, non ramificado, con follas grandes (as superiores de ata 40 cm de lonxitude), carnosas, glabras, glaucas e pruinosas. As follas, xeralmente, apíñanse e enrédanse formando unha cabeza, e no seu centro quedan a xema terminal e as follas máis novas. Ten flores amarelas ou, máis raramente, brancas, dispostas en acios moi longos, e os froitos en silicua. É unha planta rústica e resistente que, aínda que prefire os climas suaves e húmidos das zonas marítimas, aguanta ben xeadas e secas. Orixinou as formas cultivadas: B. oleracea var italica, coñecida como brócoli; B. oleracea var botrytis, coñecida como coliflor; B. oleracea var gemmifera, coñecida como col de Bruxelas; B. oleracea var capitata, coñecida como repolo; B. oleracea var napobrassica, coñecida como colinabo; e B. oleracea var acephala, coñecida como verza. Os gromos novos denomínanse bertóns ou xenos. As follas da col teñen un alto valor culinario e nutricional; consómese, polo xeral, crúas en ensaladas ou cociñadas (sobre todo fervidas), frecuentemente acompañadas de carne.

      Sinónimos: coella, coenlla.
  2. col fermentada [ALIM]

    Produto comestible obtido por fermentación láctea de coles talladas e preparadas cun 2-3% de sal. O sal exerce diversas funcións: orixina a separación de zumes que conteñen azucre e outras substancias, favorece a fermentación láctea que evita a putrefacción, contribúe a dar sabor e determina, en parte, a consistencia do produto final. Este manxar, moi coñecido tamén polos seus nomes en alemán (Sauerkraut) e francés (choucroute), tómase despois de fervelo con viño, cebola, comiño e outros condimentos, acompañado case sempre de patacas, e a miúdo tamén de carne de porco. Ten escasas calidades nutritivas, pero presenta un alto contido en fibra e en ácido ascórbico (vitamina C).

Refráns

  • As coles de san Antoniño manteñen o dono e o veciño.
  • Coles e nabos para nunha son entrambos.
  • Entre col e col, leituga.
  • O que quere a col, quere as follas do seu arredor.
  • Regoldádevos, coles, que andan os nabos cocendo no pote.

Palabras veciñas

Cojedes | Cojutepeque | Coke, Thomas | col | col(e)- | 1 cola | 2 cola