2 cola
(
-
[QUÍM/IND]
-
s
f
Pasta pegañenta de orixe animal, constituída esencialmente por xelatina impura, que se utiliza como adhesivo. Coñecida dende hai 3.000 anos, é un produto comercial dende o s XIX. A súa fabricación é menos coidadosa e non require materiais tan escollidos como os da xelatina. Esencialmente, consiste en reducir a materia prima a pequenos fragmentos, desengraxala, tratala con cal para destruír as proteínas distintas do coláxeno, lavala, extraela con auga quente, filtrar e arrefriar a solución e secar o xel obtido. Para o seu uso, cómpre redisolvela en auga quente. Segundo a materia prima empregada, existen diversas variedades: a cola de peles, obtida a partir de residuos de matadoiros ricos en tecido conxuntivo; a cola de ósos, obtida a partir de ósos; a cola de coello, obtida a partir de peles de coello depiladas; e a cola de peixe, obtida a partir de peles e aletas de peixe que sobran na elaboración de conservas.
-
cola de carpinteiro
Substancia adhesiva, antigamente empregada en carpintería para unir pezas de madeira, chapar e pegar espigas en portas, marcos, etc. Emprégase a cola branca, que se obtén da caseína e que ten a gran vantaxe de poderse aplicar en frío, aínda que progresivamente vai substituíndose por diversos tipos de adhesivos sintéticos.
-
cola de contacto
Adhesivo elaborado con neopreno, que se aplica previamente ás dúas superficies que se queren pegar; estas, pasados uns minutos, adhírense fortemente por simple contacto.
-
cola de pintor
Mucilaxe obtida en frío por hidrólise de amidóns ou fariñas de diferentes procedencias, tratados con lixivia de hidróxido sódico ou con cloruro de manganeso, zinc ou calcio. Preséntase en forma de pasta espesa gomosa que, aclarada con auga, se emprega en pintura industrial á cola.
-
s
f
-
s
f
Calquera pasta empregada para pegar.
-
s
f
[TÉXT]
Composto de diversas substancias, a maioría amiláceas, que, logo de seren cocidas, se empregan para aprestar os fíos do urdido e aumentar a súa resistencia.