1 cola

1 cola

(

  1. s f
    1. [ZOOL]

      Parte posterior do corpo dos vertebrados que forma un apéndice máis ou menos longo e que contén as vértebras caudais.

      Ex: O meu can ten a cola dunha cor máis escura ca o resto do corpo.

      Sinónimos: rabeira, rabo, rabo.
    2. [ICT]

      Proliferación ou escrecencia das aletas dalgúns peixes, especialmente dos obtidos por cría selectiva en acuicultura, como é o caso do carpín de veo.

    3. [ORNIT]

      Conxunto de plumas ríxidas (cobertoiras, rectrices exteriores, rectrices interiores e infracobertoiras) inseridas na mitra.

  2. s f
    1. Apéndice, semellante pola forma, posición ou inserción, á cola dun animal. Ex: Quixo un vestido de noiva con cola. Comprou un piano de cola.

      Ex: Quixo un vestido de noiva con cola. Comprou un piano de cola.

    2. Cada unha das puntas traseiras dun frac ou chaqué.

    3. Colgallo de fío, con anacos de trapo ou de papel, que vai unido a un papaventos e que serve para equilibralo no seu voo.

  3. s f
    1. Parte posterior ou final dunha cousa ou dun conxunto, por oposición á cabeza. Ex: Eu estaba na cola do acompañamento. Na clase el é o primeiro e eu vou na cola.

      Ex: Eu estaba na cola do acompañamento. Na clase el é o primeiro e eu vou na cola.

    2. [AERON]

      Conxunto de estabilizadores, deriva e empenaxes no extremo posterior dun avión. Ex: A cola do avión incendiouse durante o voo.

      Ex: A cola do avión incendiouse durante o voo.

    3. [IMAX]

      Cada unha das partes inicial e final dunha película.

    4. [OFIC]

      Parte do ferro dun martelo oposta á cabeza.

    5. [BÉL]

      Retagarda dun conxunto de xente armada.

    6. [BÉL]

      Parte posterior nunha obra de fortificación.

  4. s f [ASTRON]

    Apéndice luminoso dun cometa.

  5. s f

    Serie de persoas, de animais ou de cousas postas unha detrás doutra, agardando a súa quenda para facer algo.

    Ex: Hai unha cola de duascentas persoas. A cola de coches era tan longa que tardaron dúas horas en saír da cidade.

    Sinónimos: fila, fileira. Confrontacións: ringleira.
  6. s f [ARQUIT]

    Encaixe dun perpiaño ou parte del encaixado nun muro ou parede.

  7. s f [BÉL]

    Entrada a un baluarte.

  8. [INFORM]
    1. s f

      Estrutura de datos desde a que se eliminan os elementos na mesma orde na que se introduciron.

    2. s f

      Lista de tarefas, mantida polo sistema operativo, que agardan ser impresas ou procesadas dalgunha maneira.

    3. cola de impresión

  9. cola de andoriña [BÉL]

    Obra defensiva realizada en ángulo entrante.

  10. cola de cabalo
    1. [ANAT]

      Conxunto de fibras nerviosas da parte terminal da medula espiñal.

    2. [PLANTA]

      xestela.

  11. cola de miñato/cola de pato [ARQUIT]
    1. Espiga de ensamblaxe de forma trapezoidal que é máis ancha pola cabeza e que ten un axuste lateral.

    2. Motivo decorativo que ten esta forma.

  12. cola de raposo [PROTISTA]

    Alga verde do xénero Enteromorpha.

  13. cola de rata
    1. [MAR]

      Tecido e entrefiado que se fai coa punta dun cabo groso para que non se desfíe.

    2. [OFIC]

      Lima moi delgada de sección circular.

Palabras veciñas

Coke, Thomas | col | col(e)- | 1 cola | 2 cola | 3 cola | cola-