Colás, Guillén
Colás, Guillén
Mestre escultor francés. Traballou, xunto con Martín de Blas, na decoración escultórica da fachada do Hospital Real de Santiago de Compostela (1519), e desenvolveu un programa iconográfico con alusións sanatorias que representa un dos exemplos máis significativos do plateresco en Galicia.