colestérico -ca

colestérico -ca
adx e s m [FÍS]

Caso particular do estado nemático que se caracteriza polo feito de que as moléculas forman planos paralelos; en cada un deles todas teñen unha determinada orientación, que cambia nun pequeno ángulo constante dun plano ao seguinte. Deste feito resulta unha configuración helicoidal, estrutura moi sensible á temperatura, polo que os cristais colestéricos se usan en termometría e en detectores de infravermellos.

Palabras veciñas

Coles, Nathaniel Adams | colestase | colesterase | colestérico -ca | colesterina | colesterol | colesterolemia