colestase
colestase
(< cole- + -stase)
s
f
[PAT]
Detención do fluxo da bile. Segundo o punto no que se produza a obstrución das vías biliares, existen colestases de causa intrahepática e de causa extrahepática. A colestase intrahepática caracterízase por unha dificultade na excreción da bilirrubina e está causada por virus, medicamentos ou por unha cirrose biliar. A colestase extrahepática aparece como consecuencia dunha litíase biliar ou dunha neoplasia das vías biliares, entre outras causas. O tratamento da primeira é médico e o da segunda, cirúrxico.