colinérxico -ca

colinérxico -ca

(< (acetil)

  1. adx [FISIOL]

    Que actúa mediante a acetilcolina ou como a acetilcolina.

  2. fibra colinérxica [FISIOL]

    Fibra nerviosa que ten como mediador sináptico a acetilcolina. Son colinérxicas as fibras preganglionares e posganglionares do sistema nervioso autónomo, as posganglionares parasimpáticas, algunhas das posganglionares simpáticas e as que establecen sinapse coas placas motoras dos músculos.

Palabras veciñas

colineación | colineal | colinealidade | colinérxico -ca | colinesterase | Coliño | Colins, Alexander