collie*

collie*
s m [ZOOL]

Can pastor orixinario de Escocia. Acada unha altura que oscila entre 0,55 e 0,60 m. Ten o fociño longo e puntiagudo, e as orellas pequenas. O seu pelo é moi denso e áspero; o do pescozo, as patas e as nádegas é especialmente longo e xeralmente de cor viva. Aínda que está moi capacitado para conducir grandes rabaños, considérase como raza de luxo.