collige, virgo, rosas*

collige, virgo, rosas*
[LIT]

Tópico literario extraído do inicio do Idilio XIV de Ausonio (s IV): Collige, virgo, rosas dum flos novus et nova pubes (‘Colle, doncela, as rosas cando a flor é nova e nova é a xuventude’). Constitúe unha reformulación do tópico horaciano do carpe diem que reflexiona sobre o paso do tempo e o carácter efémero da beleza, simbolizado na imaxe da rosa. O tópico empregouse na Idade Media, adoptando ás veces a forma da parodia, como acontece na poesía dos goliardos nos Carmina Burana. No Renacemento converteuse nunha constante creativa; está presente na obra dos poetas Pierre de Ronsard, Bernardo Tasso ou Garcilaso de la Vega (“En tanto que de rosa y azucena”). Coa chegada do Barroco, adquiriu un compoñente angustioso derivado do recoñecemento do tempo como elemento constitutivo fundamental do ser humano: a vida non é máis ca un continuo avanzar cara á morte.

Palabras veciñas

collida | collido -da | collie* | collige, virgo, rosas* | Collin, Heinrich Joseph | Collin, Raphaël | Collingwood, Cuthbert