Collingwood, Robin George
Filósofo inglés. Foi profesor de metafísica no Magdalen College de Oxford. O fundamento da súa metafísica foron os campos da experiencia, que dividiu en varias zonas (arte, relixión, ciencia, historia e filosofía) correspondentes aos momentos parciais da verdade que se unifican na historia. No seu sistema metafísico defendeu que a historicidade é un carácter fundamental do real, polo que a realidade só é accesible a través dunha idea ou interpretación histórica. Entre as súas obras cómpre destacar An Essay on Philosophical Method (Un ensaio sobre o método filosófico, 1933), The Principles of Art (Os principios da arte, 1938) ou An Essay on Metaphisics (Un ensaio sobre metafísica, 1940); postumamente publicáronse outras obras súas, como The Idea of History (A idea da historia, 1946) ou Essays in the Philosophy of History (Ensaios sobre a filosofía da historia, 1965).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Cartwell Fell -
Deceso