colo
(
-
s
m
Oco feito coas mans e os brazos á altura do peito, cando se está de pé, ou entre os xeonllos e a cintura, cando se está sentado, para poder soster algo.
Ex: Cando naza o teu neno, eu son a primeira en collelo no colo. O neno sempre anda co can no colo.
Sinónimos: regazo. -
s
m
Parte do corpo que une a cabeza co tronco. OBS: Con este significado esta palabra foi desprazada pola forma pescozo, especialmente nas persoas.
Ex: Non tires tanto da correa do can porque xa ten unha ferida no colo.
Sinónimos: pescozo. -
s
m
Parte dalgunhas pezas de vestir que rodean o pescozo ou van próximas a el. Ex: Ten o colo da camisa moi gastado.
Ex: Ten o colo da camisa moi gastado.
-
s
m
Parte estreita de certos recipientes. Ex: O colo desa botella é moi estreito para meteres esas flores.
Ex: O colo desa botella é moi estreito para meteres esas flores.
-
s
m
-
Parte estreita e delgada dun obxecto.
-
[MAR]
Parte máis delgada dun pau ou dun mastro, comprendida entre a enxarcia e a cruz da verga.
-
-
[ANAT]
-
s
m
Parte máis estreita dunha estrutura anatómica.
-
colo anatómico
Constrición do úmero e do fémur inmediatamente por debaixo da superficie articular.
-
colo cirúrxico
Constrición do úmero e do fémur por debaixo dos trocánteres.
-
colo uterino
Porción inferior e estreita do útero, comprendida entre o corpo e o orificio.
-
s
m
-
[ARQUIT]
-
s
m
Parte inferior do capitel.
-
colo de cisne
Peza dobrada en dúas curvas opostas que describen un S.
-
s
m
-
s
m
[TECNOL]
Zona de menos diámetro dun eixe de transmisión onde descansa unha chumaceira de fregamento. Os colos están mecanizados, e a miúdo rectificados, a partir dun diámetro inicial en bruto ou desbastado, e enlazan coa parte de máis diámetro da árbore mediante un aumento progresivo da sección.