Colomera
Colomera
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado no val do río Cubillas (1.708 h [1996]). Destaca a agricultura con cultivos de cereais e oliveiras. A apicultura, xunto coas minas de ferro, son tamén unha importante fonte de ingresos. É de salientar a súa igrexa parroquial do s XVI, edificada sobre as ruínas dun antigo pazo.