Colón, Diego
Administrador e segundo almirante das Indias de Castela, fillo primoxénito de Cristovo Colón e de Filipa Moniz de Perestrello. Continuou os Preitos Colombinos familiares contra a Coroa. Casou con María de Toledo, sobriña do duque de Alba e curmá de Fernando o Católico, e conseguiu ser nomeado gobernador das Indias, aínda que sen o título de vicerrei (1508). Formuláronse numerosas acusacións contra el, polo que no ano 1515 foi chamado a Castela. A súa estancia na metrópole prolongouse durante cinco anos, ata que polo decreto da Coruña do 17 de maio de 1520 se lle recoñeceron provisionalmente parte das súas pretensións. Despois do seu regreso a Santo Domingo foi novamente acusado de outorgar rendas ilegais e conceder perdóns e privilexios a cambio de cartos. En 1523 foi chamado outra vez a Castela para responder dos cargos formulados contra el. O seu fillo, Luis, cedería os seus dereitos a cambio do título de duque de Veragua.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Porto Santo -
Deceso
Lugar : Puebla de Montalbán