Colón, Luis
Colón, Luis
Almirante e administrador castelán, terceiro almirante das Indias, primeiro duque de Veragua. Fillo de María de Toledo e de Diego Colón e neto de Cristovo Colón, continuou os Preitos Colombinos ata que no ano 1536 chegou a un acordo coa Coroa, polo que renunciaba aos dereitos que tiña segundo as capitulacións de Santa Fe a cambio do almirantazgo perpetuo, unha renda de 10.000 ducados anuais e o ducado de Veragua e o marquesado de Xamaica. En 1556 renunciou aos títulos a cambio dunha pensión adicional de 7.000 ducados e de diversos permisos de importación.
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso
Lugar : Orán