Celestino V

Celestino V

Pontífice e santo. Co nome de Pietro del Morrone, Pietro Angeleri ou san Pedro Celestino, levou unha vida eremítica en La Maiella, nos Abruzos. Cara ao ano 1264 fundou a orde de eremitas de san Damián, chamados despois “celestinos”. Esta congregación, baseada na regra de Urbano IV, disolveuse a comezos do s XIX. Á idade de 79 anos (1294), nomeárono papa, pero renunciou ao pontificado aos cinco meses, presionado por Carlos II de Anjou e baixo consello do cardeal Gaetani (futuro Bonifacio VIII). Foi canonizado por Clemente V en 1313. Na iconografía represéntase cunha tiara papal aos seus pés (símbolo da súa abdicación), levando como atributo persoal unha pomba (alusión á súa elección popular ao papado). A súa festa celébrase o 19 de maio.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Isernia, Molise

  • Deceso

    Lugar : Castello di Fumone, Lazio