Celidonio, san

Celidonio, san

Mártir cristián. Nativo da antiga Gallaecia, sufriu martirio en Tarragona xunto co seu irmán santo Andeiro. Ambos os dous son dos santos máis antigos no culto hispánico (s VI). A lenda di que morreron decapitados, aínda que previamente foron condecorados con cadanseu torque de ouro como galardón ás súas virtudes militares. Celidonio e Andeiro son patróns de Calahorra e aparecen na iconografía representados xuntos e vestidos de soldados romanos (símbolo da súa profesión). A festividade de san Celidonio celébrase o 3 de marzo.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Calahorra