Chiang Kai-shek
Militar e político chinés. Uniuse á loita revolucionaria de Sun Yat-sen, e trala súa morte en 1925 foi nomeado comandante en xefe do exército. En 1927 ocupou Nanjing e estableceuse na capital do Guomindang. O mesmo ano rompeu cos comunistas e ordenou as matanzas de Cantón e Xangai. En 1928 ocupou Pequín. En 1934, antes de ocuparse do perigo que supuña a invasión xaponesa, organizou unha ofensiva contra os comunistas e estes iniciaron a Longa Marcha cara a Yan’an. En 1937-1938, mentres os xaponeses ocupaban a costa desde Pequín ata Cantón, Chiang Kai-shek aceptou unha fronte unida cos comunistas e a axuda militar norteamericana. En 1944 produciuse a ruptura con Mao Zedong e en 1947 desencadeouse a guerra civil entre nacionalistas e comunistas. En 1949 Chiang Kai-shek refuxiouse, baixo protección norteamericana, na illa de Taiwán, onde estableceu un goberno nacionalista, recoñecido pola ONU ata 1971.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : T’aipei -
Nacemento
Lugar : Fenghua, Zhejiang