Club Montañeros Celtas
Club Montañeros Celtas
Publicación que apareceu en Vigo en 1955 co subtítulo de “Boletín de Información Social”. Incluía información sobre as actividades do propio club e as súas delegacións, intercalada con algún artigo. Contiña as seccións: “Vida del Club”, “Voz de nuestras secciones”, “Sección escalada”, “Nuestras delegaciones trabajan” ou “Notas sociales”. Entre os colaboradores aparecen Rogelio de la Granja, Antonio Veiga, Berenguer e Manuel Puente. Posteriormente, nunha segunda época, Constancio Vega encargouse da dirección do boletín que continuou na mesma liña temática.