Colum, Padraic
Colum, Padraic
Dramaturgo irlandés. Participou na posta en marcha do Abbey Theatre, compañía da que se separou para participar na creación do Theatre of Ireland, entre 1906 e 1912. En 1914 emigrou aos EE UU, onde continuou a súa carreira literaria. Entre as súas obras destacan Broken Soil (Terra baldía, 1903), The land (A Terra, 1906) e The Fiddler’s House (A casa do violinista, 1907), nas que presenta unha visión dos conflitos que provocaron en Irlanda a transición entre a tradición e a modernidade.
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso