Colúns, San Salvador de
Colúns, San Salvador de
Igrexa parroquial situada en Mazaricos. Construída en estilo neoclásico a finais do s XVIII, ten planta de cruz latina dunha soa nave, cuberta con bóveda de canón, e con dúas capelas na nave do cruceiro. O presbiterio cóbrese con bóveda de aresta. O arco triunfal é de medio punto. Na fachada destaca o pórtico recuado, o arco de medio punto peraltado que conduce ao interior e o campanario situado sobre a cornixa.