Colvin, Calum

Colvin, Calum

Fotógrafo escocés. Entre 1979 e 1983 estudiou escultura no Ducan of Jordanstone College, e, no período 1983-1985, fotografía no Royal College of Art de Londres. A nivel individual expuxo no Chaper Arts Centre de Cardiff (1985) e na Seagate Gallery de Dundee (1987). Participou nas exposicións colectivas da The Laing Art Gallery de Newcastle, da D.C. Sander Gallery de Nova York, e da Photogallery de Cardiff. Recibiu o premio Keith Johnson Photografic Award e o premio Fotógrafo do Ano Chesterton RCA, ambos os dous en 1985, o premio Young European Phtographer of the Year Award (1986) e o Brandt Award (1987).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Glasgow