colza
colza
(< fr colza < neerlandés koolzaad)
s
f
[PLANTA]
ariedade de nabo que produce unhas sementes das que se extrae o aceite de colza, empregado como condimento na Europa meridional. Este aceite ten tamén diferentes usos industriais; para iso hai que sometelo a un proceso de desnaturalización con determinados produtos químicos que o converten nun produto moi tóxico e, en consecuencia, incomestible. A inxestión de aceite de colza desnaturalizado provoca a síndrome tóxica.