Combate, El

Combate, El

Semanario republicano en castelán editado na Coruña entre 1901 e 1903. Abranguía un total de catro páxinas, a última con publicidade. Á parte dos artigos asinados por coñecidos políticos republicanos como Joaquín Costa, Pi y Margall, A. Lerroux ou Castelar, incluía outros artigos de escritores como Antón Villar Ponte, Vicente Blasco Ibáñez ou Émile Zola. Colaboraron tamén Fernando Halcón, Alfredo Calderón, Emilio Menéndez Pallarés, Rodríguez de la Hermida, Manuel Sánchez Roel ou Víctor Oscáriz. Era unha publicación de marcado carácter político e na maior parte dos seus números trataba acontecementos da vida política galega e nacional.