combinado -da

combinado -da

(

  1. p reg

    de combinar ou combinarse.

    1. adx

      Que resulta de combinar distintos elementos para producir un determinado efecto.

      Ex: É unha muller elegante e vai sempre ben combinada.

    2. adx

      Que implica a combinación de distintos elementos.

      Ex: A acción combinada dos bombeiros e do exército decidiu o éxito da operación.

    3. adx [DEP]

      Aplícase á competición que reúne probas de varias modalidades dun ou varios deportes. Entre as que inclúen probas dun mesmo deporte son moi frecuentes as de esquí, das que destacan a combinada alpina e a nórdica. No atletismo as probas combinadas son o decatlón masculino e o heptatlón feminino. Entre as que inclúen varios deportes destaca o pentatlón moderno, considerado deporte olímpico, que reúne probas de atletismo, equitación e tiro, o triatlón, con natación, ciclismo e carreira pedestre, incluído nos Xogos Olímpicos por primeira vez en Sidney 2000, e a súa variante, o duatlón.

    4. prato combinado [ALIM]

      Prato no que se serven xuntos diversos alimentos e que constitúe unha comida completa.

  2. s m
    1. Cousa constituída pola combinación de dous ou máis elementos.

      Ex: Os combinados de medicamentos resultan eficaces contra certas doenzas.

    2. Bebida que se prepara combinando distintos licores, refrescos e outros ingredientes.

      Ex: O meu combinado favorito é a xenebra con tónica e limón.

      Sinónimos: cóctel.
    3. [BÉL]

      Organización ou operación militar na que participan tropas procedentes de diversos estados ou de distintos corpos militares. OBS: Tamén se denomina operación combinada.

    4. [DEP]

      Equipo formado por xogadores de clubs ou entidades diversas.

      Ex: No partido inaugural enfrontaranse o equipo local e un combinado internacional.

      Confrontacións: selección.
  3. s m [AERON]

    Aeronave de concepción intermedia entre o avión e o helicóptero. O pulo, ou propulsión horizontal, conséguese usualmente mediante un motor de hélices ou de reacción, pero a sustentación asegúrase por unha á convencional e, simultaneamente, por un rotor; estes dous elementos compleméntanse segundo as condicións de voo.

Palabras veciñas

Combes, Émile | combinable | combinación | combinado -da | combinar | combinatoria | combinatorio -ria