comiñas

comiñas

(

s f pl [LING]

Signo de puntuación, formado xeralmente por dúas comas elevadas sobre o nivel das letras, que abre e fecha unha citación, unha frase ou palabra, para distinguila e delimitala doutra unidade maior na que se atopa. Hai diferentes tipos de comiñas: as dobres, nas que se distinguen, á súa vez, as angulares, latinas ou españolas («...»), e as inglesas (“...”); e as simples (‘...’).