comparanza
(
-
f
Acción de comparar ou compararse.
(col ) -
v t
Examinar atentamente dúas ou máis cousas co fin de determinar os puntos de semellanza ou de diferencia.
Ex: Antes de cambiar de coche comparei as prestacións de varios modelos de distintas marcas. Comparou un documento co outro para ratificar a súa validez.
-
v t
Establecer unha relación de similitude ou de equivalencia entre dúas cousas ou persoas, baseándose nunha semellanza real ou imaxinaria.
Ex: O libro compara a calidade de vida actual coa de hai cen anos. Comparou a cor negra dos seus cabelos co negro carbón. É intelixente pero non se pode comparar co outro mestre.
-
v pron
Poñerse unha persoa ao mesmo nivel ca outra.
Ex: Non te debes comparar con ela porque ten máis experiencia ca ti.
Sinónimos
Frases feitas
-
En comparanza loc adv Se se compara. SIN: comparado a, comparado con, comparante a, comparante con, en comparación. Ex: A colleita non foi mala en comparanza coa do ano pasado.
Refráns
- Entrar e saír é coma meter e sacar.
- Longo e estreito coma un ano famento.