complexona

complexona

( 2 ona)

s f [QUÍM]

Axente complexante dun grupo de ácidos aminopolicarboxílicos para os que a IUPAC recomenda o nome xenérico de quelons. Introduciunas B. Schwarzenbach cara ao 1945 para a valoración complexométrica de ións metálicos (complexometría) e teñen a propiedade de saturar simultaneamente todas as posicións de coordinación do ión metálico, formando complexos de estabilidade moi elevada. As máis importantes son o ácido etilendiaminatetraacético (EDTA), o seu sal disódico, o ácido ciclohexandiaminatetraacético e o nitrilotriacético. Empréganse para inmobilizar ións metálicos, como o calcio e o magnesio das augas duras, os metais de transición catalizadores de oxidacións en preparados comerciais, etc. OBS: A grafía x representa o son [ks].