Compostela

Compostela

Documento expedido polo cabido da Santa Apostólica e Metropolitana Igrexa Catedral de Santiago de Compostela que acredita que o titular acudiu en peregrinación ao sepulcro do apóstolo Santiago e cumpriu os rituais, sacramentos e penitencias necesarios para recibir os beneficios e indulxencias que corresponden á peregrinaxe ao santuario xacobeo. A Compostela xurdiu pola necesidade de demostrar o cumprimento da viaxe cando esta era unha pena imposta por tribunais; por iso o certificado, escrito en latín (lingua da Igrexa), ten validez universal. A primeira Compostela que se conserva data de 1321 ( Camiño de Santiago).

Palabras veciñas

compositor -ra | compost | compostaxe | Compostela | Compostela | Compostela | Compostela