Compostela

Compostela

Publicación mensual en castelán e gratuíta que apareceu en Caracas arredor de 1960 co subtítulo de “Al servizo de la colonia española: Publicación mensual de la Asociación Civil de Amigos de Santiago”. Fundada por Ramón A. Piñeiro Túñez, encargouse da súa dirección Fabián de Caso. Os seus redactores foron Manuel González e Inocencio Otero. Dedicouse principalmente a informar os socios sobre as actividades que organizaba a institución, sen esquecer as noticias sobre España, o deporte ou o humor. Ía ilustrada con numerosas fotografías dos actos que organizaba a sociedade.