Compostela, camiño do 99

Compostela, camiño do 99

Publicación de información municipal do concello de Santiago de Compostela. O seu número 1 está datado no verán de 1994. De periodicidade trimestral, coincidía coas estacións naturais. Era gratuíta e tiña unha tirada de 45.000 exemplares, distribuídos polas caixas de correo. Destacou pola súa orixinalidade no de-seño e a pluralidade da información. Estaba dirixida por Xosé A. Perozo e integraban a redacción Felipe Molinero, Francisco López-Barxas e Paula Roca. A coordinación e supervisión era de Anxos Ferradáns Barreiro, a documentación de Juan Conde Roa e o deseño de Xaime R. Asensi.